Nota legal

Sobre a compra
Só terá tratamento de compra aquela na que o sistema de pagamento seguro Paypal notificou o pagamento correctamente á nosa Asociación. Calquera circunstancia que anule esta transacción implicará que non existe dereito algún sobre produtos ou servizos.
Ao pagares un ou varios artigos comprometémonos a confeccionar un paquete que conteña o/os artigo/s adquirido/s e poñelo á túa disposición no noso local sito en Praza da Solaina s/n, 1º andar, O Pindo (Carnota) A Coruña, para pasar a recoller na data e hora que se concrete.
Aínda que o sistema de pagamento seguro Paypal solicita os datos postais das persoas usuarias no momento de formalizar o pagamento, en ningún caso a persoa usuaria debe presupoñer que por iso vai recibir no seu domicilio o seu pedido, coa soa excepción de que asi se teña pactado con anterioridade.

Sobre os artigos da Tenda Monte Pindo
O subministro dos artigos da Tenda Monte Pindo son limitados e dependen do seu nivel de existencias no momento de recibirmos o seu pedido. Aínda que procuramos axustar as existencias á demanda, pode acontecer que despois de pedires un produto descubramos que se esgotara. Nese caso reembolsaremos o pagamento o antes posíbel ou, se o prefires, poderás solicitar outro artigo de prezo igual ou similar sen ningún custe engadido.
Todos os prezos son válidos salvo erro tipográfico no prezo ou a consecuencia do proceso de pagamento. Estes poden variar en calquera momento, mais estas variacións non afectarán aos pedidos xa efectivizados antes da variación.
Ten conta de comunicarnos calquera especificación ou detalle preciso para que o teu pedido se axuste ás túas necesidades (por exemplo, talla das camisetas), senón non poderemos garantir que o produto cumpra coas túas expectativas.
Se tes dúbidas sobre calquera produto pulsa no título do artigo no escaparate e abrirase unha páxina con máis información. Se non resolvestes a dúbida estaremos encantados de atenderte en info@montepindo.org.

Sobre a protección dos teus datos personais
Pola presente comunicámoslle que os datos persoais facilitados á Asociación Monte Pindo Parque Natural serán incorporados a un ficheiro do cal é responsable a Asociación Monte Pindo Parque Natural, cuxa finalidade é servir de base de datos das persoas usuarias asi coma dos servizos contratados, o envío de comunicacións, así como o seguimento e cumprimento das obrigas recíprocas derivadas dos correspondentes contratos subscritos con estes. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderán ser exercidos por vostede dirixíndose por escrito á Praza da Solaina s/n, 1º andar, O Pindo (Carnota) A Coruña, ou enviando un enderezo electrónico a info@montepindo.org.

Os devanditos datos serán tratados de acordo coa protección e especificacións contidas na Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal así como a súa normativa de desenvolvemento.

Condicións xerais de uso desta páxina
A utilización de calquera dos servizos ofrecidos en tenda.montepindo.gal ou en calquera das plataformas web responsabilidade da Asociación Monte Pindo Parque Natural (en adiante, AMPPN) atribúe, dende o seu comezo, a condición de Usuario e será considerada aceptación expresa, voluntaria e sen reservas destas Condicións Xerais.

O Usuario que accede ao Sitio Web debe cumprir estas Condicións Xerais e as especiais instrucións de uso que se lle mostren en cada momento. Así mesmo, comprométese a obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia axeitada á natureza do servizo do que goza. Así, o Usuario non poderá efectuar modificación nin alteración ningunha dos contidos do Sitio Web, a excepción dos datos que o propio Usuario introducise, nin prexudicará de forma ningunha a súa integridade ou funcionamento.

Os datos persoais que deban facilitar os usuarios para acceder aos mencionados servizos quedarán sometidos á lexislación xeral en materia de protección de datos. Quedarán rexistrados nas bases de datos, propiedade da AMPPN, amparadas pola Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal.

A AMPPN poderá suprimir ou suspender o acceso ao Sitio Web do Usuario que incumprise calquera das obrigas expresadas nestas Condicións Xerais. O Usuario que incumpra intencionada ou culpablemente calquera das precedentes obrigas responderá de todos os danos e prexuízos que, como consecuencia, cause a AMPPN ou a un terceiro.

O usuario responderá directamente polos danos e prexuízos causados, tanto directamente coma indirectamente, por incumprindo das presentes cláusulas, e, ademais, pola introdución, por calquera medio, de software defectuoso, malicioso ou malintencionado.

No caso de que o usuario realizase cesións de datos de carácter persoal de terceiras persoas físicas, garante que posúe consentimento dos interesados para poder realizar a devandita cesión, de acordo co establecido no Título II da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

RESPONSABILIDADE DA AMPPN

A AMPPN resérvase o dereito de realizar modificacións no Sitio Web, así como nestas Condicións Xerais.

Por outro lado, e dada a especial natureza do medio escollido para comunicarse cos Usuarios, a AMPPN  non pode asumir responsabilidade:
  1. Pola imposibilidade temporal de acceso ao Sitio Web nun momento determinado, ou á información concreta de entre os incluídos en http://tenda.montepindo.gal com ou naqueles sitios Web aos que o Usuario acceda mediante enlaces de hipertexto situados no Sitio Web.
  2. Pola exactitude ou actualidade dos contidos das informacións subministradas. No Sitio Web existen informacións redactadas polos terceiras partes, polo que a AMPPN non se fai responsable da información aquí presentada.
  3. A AMPPN non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do Usuario.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Todos os contidos, marcas, deseños, logos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, nomes de dominio, e calquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do Sitio Web son propiedade da AMPPN ou de dominio público ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no Sitio Web e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

En ningún caso se entenderá que se concede licenza ningunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito da AMPPN (no que respecta ao deseño do sitio ou ao uso da marca "AMPPN") ou dos terceiros correspondentes.

As violacións de calquera dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial aos que se refire este apartado serán perseguidas mediante as accións penais e civís consideradas na lexislación vixente.

XURISDICIÓN

Todo litixio ou controversia que xurda entre a AMPPN e un Usuario sobre a interpretación ou a aplicación destas Condicións Xerais ou, en xeral, relacionado de xeito directo ou indirecto coa utilización dos servizos ofrecidos no Sitio Web será resolto polos Xulgados e Tribunais de Compostela

Como requisito previo ao comezo do litixio, a AMPPN e o Usuario obríganse a negociar de boa fe para resolver o litixio ou controversia durante o prazo dun (1) mes contado dende a data en que unha das partes notifique por escrito á outra a súa pretensión potencialmente litixiosa.

COMUNICACIÓNS

Para calquera comunicación que sexa precisa entre a AMPPN e o Usuario, este deberá dirixirse ao domicilio indicado da AMPPN, mediante calquera dos distintos medios de comunicación (correo certificado ou correo electrónico) que se indican na sección CONTACTO da Web http://www.montepindo.gal.

As comunicacións da AMPPN ao Usuario realizaranse mediante os datos achegados por este ao facer uso deste Sitio Web ou mediante os datos proporcionados na primeira comunicación enviada polo Usuario.