Como funciona?

A páxina principal chamase ESCAPARATE e é onde podes ver os artigos que temos dispoñibles: foto, nome e prezo. Se desexas máis información sobre algún artigo, preme no seu título.


Se che interesa algún, segue estas instrucións:
  1. Dalle ao botón Engadir artigo tantas veces coma unidades dese artigo desexes mercar
  2. Revisa ben á dereita do escaparate o listado de artigos que reservas. Se marcastes un que non queres, só tes que darlle ao pequeno x vermello que aparece á dereita de cada un deles. Tamén podes darlle a Borrar o pedido se desexas comezar de novo. 
  3. Unha vez que estás satisfeito coa selección, dalle a Facer o pedido e transportarache automaticamente a PayPal.com, unha páxina de pago seguro por Internet. Unha vez ali verás varias opcións para facer o pagamento a través de PayPal ou da tarxeta de crédito.

En canto o pago se realice, recibiremos un correo electrónico notificando o teu pedido e en canto nos sexa posíbel prepararemos o teu paquete que estará á túa disposición no noso local, sito na Praza da Solaina, O Pindo, Carnota, A Coruña. Estamos tendo moitos problemas para facer os envíos a domicilio, polo que se precisas recibir o teu pedido por esa vía por favor ponte en contacto con nós en info@montepindo.org ou no teléfono 655564372 para pactar o método de entrega.

Grazas por axudarnos a recuperar o Monte Pindo!