Ra do Monte Pindo


Artigo Ra do Monte Pindo
Prezo €10.00
Descrición Esta ra é unha divertida interpretación artística da Ra de San Antón (Hyla arborea) que eliximos coma mascota do proxecto SOS Monte Pindo (coñece a súa historia aquí). É unha peza de Artesanía de Galicia donada desinteresadamente polo Obradoiro Charamusca (Canedo - Carnota) para colaborar coa restauración do Monte Pindo. Está elaborado en cartón pedra con materiais 100% reciclados, mide uns 15 cm e apenas pesa nada, pero de seguro aledará calquera estancia do teu fogar mentras contribúes a recuperar o Olimpo Celta. Ademais acompáñase cunha bandeira da Asociación Monte Pindo Parque Natural que podes quitar ou poñer ao teu gusto.
Existencias 11 unidades dispoñíbeis.
Máis información Páxina dos artesáns de Charamusca no portal Artesanía de Galicia.
Álbum de fotos da ra en Facebook